C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS


Unirse al foro, es rápido y fácil

C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS
C.I.G . SEGURIDADE
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

ESABE DEL CARIBE IV

Ir abajo

ESABE DEL CARIBE IV Empty ESABE DEL CARIBE IV

Mensaje por mario68 Jue 10 Abr 2008, 02:20

Como xa estamos de volta despois dun longo parón, imos a desenferruxar o teclado dandolle caña a unha das empresas presuntamente mais infames, dictadoras, opresivas, caciquils, e demais adxetivos calificativos que se vos ocurran neste mesmo senso, e a empresa é EASABE.

Na susodita empresa, son todos uns anxos, dende o de arriba oa de abaixo, xa que como se pode observar na súa páxina web, levan no sector da seguridade 15 anos, de 100% de capital español, e que entre os principios da empresa estan dirixidos a satisfacer as necesidades do seu CLIENTE en materia de seguridade, en todo o territorio nacional, e para avalar todo isto, conta cos certificados ISO 9001:2000, e o 14001:2004, ademais de fomentar unha formación, tanto inicial como continúa.

Despois de leer todo isto da súa páxina web, parece que ninguén lle pode negar cartos, pero NADA MAIS LONXE DA REALIDADE polo menos aquí en Galiza, non sabemos en Madrid, xa que alí son a ostia, xa que teñen un centro de formación innovador con galería de tiro e escola de conducción evasiva todo elo avaluado con prácticas reales en diferentes servizos, todo elo homologado polo Ministerio do Interior.

¡¡¡¡ Que máquinas Que empresa modelo. Eu quero traballar nuha empresa así!!!!!!.

E boa verdade que o escribir e o falar non ten cancela, que calquera tonto con cartos pode ser ministro, e se pagas a un profesional para facer un traballo, podes parecer o que non é.

ESABE, aquí en Galiza máis ben e todo o contrario, e que facendoo a proposito, non podía sair mais o revés:

ESABE foi sancionada pola Inspección de Traballo por:

- Non entregar o Cte. de empresa a documentación que se lle solicita.
- Por non entregar os recibos dos salarios no prazo correspondente, os vixiantes, e estamos a falar dos recibos de todo este ano en curso.
- Por obstrucción as labouras de inpección.
- Por non entregar as copias básicas dos contratos de traballo ao Cte. de empresa.
- Por non confeccionar os calendarios laborais dos traballadores, tras requerimento de Inspección de Traballo.
- Por non comunicar o periodo de vacacións con dous meses de antelación.
- Por non entregar o documento de constitución do servicio de prevención propio.
- Por non haber entregado ó Cte. de empresa a planificación da actividade preventiva do ano 2.007.
- Por non haber entregado o documento de constitución do servizo de prevención propio.

Despois deste relato podemonos dar conta de que crase de empresa estamos a falar, pero non ten nin punto de comparación se falamos cos vixiantes que están baixo o seu mando.

Esperamos que as condicións de traballo vaian cambiando despois das denuncias que se van resolvendo, pero o que quremos dende aquí e denunciar a este tipo de empresas e que se sepa como as empresas respetan os dereitos dos traballadores, ademais da s leis que nos rixen.

Sen mais, recibide un saúdo de clase obreira e nacionalista.

mario68
Usuario novo
Usuario novo

Cantidade de envíos : 29
Reputation : 6
Registration date : 01/04/2008

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.