C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS


Unirse al foro, es rápido y fácil

C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS
C.I.G . SEGURIDADE
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

ACTA Nº 1 (GALEGO)

Ir abajo

ACTA Nº 1 (GALEGO) Empty ACTA Nº 1 (GALEGO)

Mensaje por alberto66 Vie 30 Ene 2009, 12:23

ACTA Nº 1 (G A L E G O)

En Madrid sendo ás 11 horas do día 20 de Outubro, reúnense na sede social
da ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE COMPAÑIAS PRIVADAS DE SERVIZOS DE SEGURIDADE
(APROSER), Rua Marques de Urquijo 5 2º A, dunha parte os representantes das
asociacións empresariais, AES, ACAES, AESPI, AMPES, APROSER, e FES, así como os
sindicatos CIG, CC.OO, ELA, UGT, e USO, que a continuación relacionanse, adoptando
os seguintes

ACORDOS


PRIMEIRO.- Dar por constituida con esta data a
Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Empresas de Seguridade que
substituirá ao seu remate o actualmente vixente de 2005-2008.


SEGUNDO.- Ambalas representacións sindicais e
patronais recoñécense mutuamente interlocutores con capacidade, personalidade
xuridica e lexitimación dabondo para negociar en exclusiva o presente Convenio
Colectivo ao abeiro co previsto nos artigos 82, 87, e 88 do R/D Lexislativo
1/1995 de 24 de Marzo polo que se aproba o texto refundido da Ley do Estatuto
dos Traballadores.


TERCEIRO.- A parte sindical estará representada
polas organizacións sindicais de UGT, CC.OO, USO, CIG e ELA. A porcentaxe de
representatividade, e á asignación de postos fica pendente para a próxima
reunión da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo.


CUARTO.- A parte empresarial estará representada
polas organizacións empresariais de ACAES, AES, AESPI, APROSER, e FES, que
conxuntamente integran a máis do 90% do sector de seguridade privada no ámbito
de aplicación do Convenio Colectivo.


QUINTO.- As organizacións empresariais manifestan
que o ámbito da negociación colectiva é o estatal.


SEXTO.- Como calendario para ás sesións
negociadoras acórdase polos asistentes celebralas os Martes e Xoves de cada
semán, agás que de mutuo acordo se dispoña alterar dito calendario.


SETIMO.- Fíxase como próximos días de
negociación o 4 e o 6 de Novembro do 2008 ás 11.00 horas.


Asimesmo, procedese ás seguintes manifestacións de parte:


PRIMEIRA.- A representación da CIG manifesta que
entende que é no momento da constitución da mesa na cal debese fixar a
representación das partes tanto sindical como empresarial. Dubida, polo tanto,
da legalidade do acto de hoxe e insta ás partes a que canto antes determinese a
representación na mesa.


SEGUNDA.- A representación de ELA manifesta que no
dia de hoxe presentou a patroal aproser documentación relativa a petición da
apertura de ámbito de negociación para as provincias de Alava, Guipuzcoa,
Vizcaia e Navarra, adxuntando asimesmo documento acreditativo da representación
que ELA ostenta en cada un destes territorios, asi como a plataforma
reivindicativa para cada un deles.


Por parte da CIG recoñecese o lexitimo dereito de ELA a promover marcos de
negociación correspondentes co seu territorio, ao igual que fará a CIG no seu
debido momento.


A representación empresarial e os representantes de UGT, CC.OO, e USO
consideran que iste non e foro axeitado para plantexar ós ámbitos de
negociación a os que alude a manifestación de ELA.


TERCEIRA.- USO reservase a posibilidade de impugnar
a representatividade de ELA neste Convenio Estatal, por considerar que é un
sindicato de ámbito, entendendo que non ten o 10% de representatividade en dito
ámbito estatal. Ademais, considera que no ámbito autonomico tén
representatividade nas provincias do Pais Vasco e Navarra.


CUARTA.- USO solicita igualmente que as persoas
que se despracen por parte de todas as organizacións sindicais a negociación
colectiva, non residindo en Madrid, lles sexa aboado a viaxe. A representación
empresarial oponse a esta petición.


QUINTA.- As organizacións sindicais de USO, CC.OO,
e UGT solicitan que o contido das actas da comisión negociadora do convenio
sexan un fiel reflexo dos acordos acadados, e non unha exposición sesgada e
intencionada dos debates propios da negociación. A representación empresarial
ahdirese a esta manifestación.


E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión coa sinatura dos
asistentes, en proba de conformidade co contido da mesma.

alberto66
Usuario novo
Usuario novo

Cantidade de envíos : 10
Reputation : 0
Registration date : 24/05/2008

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.