C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS


Unirse al foro, es rápido y fácil

C.I.G . SEGURIDADE
Benvidos o foro da CIG

Si estades dispostos a loita

este e o lugar axeitado


CONTAMOS CON VOS
C.I.G . SEGURIDADE
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

100.000 euros de multan a Correos por non respectar a normativa vixente en materia de protección de datos

Ir abajo

100.000 euros de multan a Correos por non respectar a normativa vixente en materia de protección de datos Empty 100.000 euros de multan a Correos por non respectar a normativa vixente en materia de protección de datos

Mensaje por Ciga Vie 30 Mayo 2008, 00:51

Santiago, 14 de abril de 2008

Segundo a sentenza trátase dunha infracción “moi grave”
100.000 euros de multan a Correos por non respectar a normativa vixente en materia de protección de datos

100.000 euros de multan a Correos por non respectar a normativa vixente en materia de protección de datos Correos_telegrafos_320

A sociedade estatal Correos e Telégrafos S.A. terá que pagar 100.000
euros a Axencia de Protección de Datos por ‘infracción moi grave’ por
vulneración do deber de gardar segredo sobre os datos de carácter
persoal. A sentenza, do 1 de abril de 2008 é froito da denuncia dun
traballador da entidade destinado na provincia da Coruña.


A denuncia presentouse logo de que ao
denunciante lle denegaran unha licencia por enfermidade por parte do
xefe provincial de Correos da Coruña previo informe do xefe do servizo
médico de Correos da Coruña.



Segundo a sentenza “produciuse unha
vulneración da normativa de protección de datos de carácter persoal ao
facilitar o acceso a datos de saúde do denunciante a unha persoa
distinta do mesmo afectado ou dos servizos médicos”.



A sentenza engade que “o deber de
confidencialidade obriga non só ao responsábel do ficheiro senón a todo
aquel que interveña en calquera fase do tratamento” e que quedou
comprobado que “se produciu ausencia de confidencialidade na
información tratada ao efectuarse a anotación correspondente no
rexistro de entrada, para o que o empregado encargado do mesmo, tivo
acceso ao informe que contiña datos de saúde do denunciante”.



Na sentenza tamén se especifica que “a
especial protección conferida aos datos relacionados coa saúde das
persoas non é arbitraria, senón que resulta do disposto nas normas
internacionais e comunitarias reguladoras do tratamento automatizado de
datos de carácter persoal”.



Así recolle artigos referidos a este tema
de Directivas Comunitarias, de convenios do Consello de Europa, da
propia Carta Magna da Organización Mundial da Saúde, Recomendacións do
Comité de Ministros (13 de febreiro de 1997)... todas elas normativas
ratificadas polo estado español e que forman parte do noso ordenamento
xurídico.



A propia Lei Orgánica de Protección de
Datos, no seu artigo 7 subliña que a informacións máis sensíbel, que
afecta en maior medida á intimidade e privacidade das persoas e ao
exercicio dos dereitos fundamentais amparados pola Constitución, sexan
obxecto dunha protección reforzada, que pasa, na maior parte dos
supostos, pola exixencia do consentimento expreso do afectado para o
seu tratamento.



Desde a CIG-Correos sinálase que a
devandita vulneración “pensamos que podería terse producido en moitos
máis casos. Para nós é un feito de extrema gravidade que constata o
interese da entidade por controlar aos traballadores e traballadoras,
até o punto de chegar a vulnerar a legalidade vixente”, segundo afirma
Manuel Anxo Álvarez Amado, secretario de Organización de CIG-Correos.



CIG-Correos vai solicitar unha explicación
destes feitos e exixe a dimisión do Director Territorial de Correos en
Galiza, Ricardo Martínez Bereijo, e do Xefe dos Servizos Médicos de
Correos da Coruña.

_________________
GANDHI: “A verdade endexamáis dana a unha causa que e xusta.”
Ciga
Ciga
Admin
Admin

Cantidade de envíos : 29
Ubicación : Entre a xente galega
Reputation : 0
Registration date : 01/04/2008

https://cigseguridade.foroes.org

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.